AUTOAVALIACIÓN DE NOEMI FARIÑAS CALVIÑO

Autoavaliación propia da participación en grupo que considera que fixo ben e que tería que mellorar cando volva integrarse noutro grupo de traballo.
A miña participación no traballo en grupo considero que foi efectiva, participei de forma activa no uso do programa de WEDO e na creación do animal elixido (paxaro). Á hora de programala actividade, aportei ideas nos obxectivos e contidos, e na creación da actividade en si, no desenvolvemento do viaxe do paxaro.
No que necesito mellorar é na apartación de ideas máis creativas que no sexan a que se coñecen de sempre. Ser capaz de buscar novas ideas que permitan ao traballo ser máis orixinal.
Avaliación global do grupo de traballo, indicando que y como desenvolvéronse as tarefas ben e que tería que mellorarse na coordinación a vindeira vez.
Considero que nos organizamos bastante ben, nos informamos das opcións dos robots que poderíamos manexar e, cos que máis nos gustaron,  pensamos que actividades poderíamos facer. Finalmente eliximos coller o paxaro, nun principio trataríamos o tema das estacións do ano, pero o ser un tema tan habitual no nos entusiasmaba moito e Lires deunos a idea de que o paxaro voase polo mundo visitando moitos lugares, pareceunos un tema moi interesante o cal saía dos temas comúns. A partir de aquí, programamos e pensamos en como dirixir a actividade.
Algo que penso que deberíamos mellorar é a organización dos grupo en xeral e intentar, por nós soas, buscar actividades que salgan do tradicional.
Que considera que aprenden e poden aportar esta perspectiva de cualificación e a súa formación como futura persoa docente.
Penso que é unha gran metodoloxía que podemos usar, xa que aos nenos e nenas gústanlles moito todo o que ten que ver cos animais es nas tecnoloxía. Isto produce que os alumnos estean máis atentos á actividade e se motiven xa que llo contan un animaliño.
Que estima que aspectos positivos e que aspectos negativos ten observado a acción docente deste mestre e que debería mellorar na súa metodoloxía.
Como aspectos positivos, dicir que o mestre aportábanos ideas e aproveitábamos as horas de clase para por en común onde os demais compañeiros puideran participar.

Algo que se podería mellora é que deberíamos haber usado o programa de WEDO na aula, xa que no momento que empezámolo usar, non sabíamos usalo e tivemos que buscar en you-tube e buscando opcións no propio programa, o non probalo con anterioridade decatámonos de que o paxaro non movía só a alas, senón que tiñamos que movelo nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario