Autoavaliación propia da
participación no grupo, que considero que fixen ben e que teño que mellorar
cando volva a integrarme noutro traballo.
A miña participación dentro do grupo creo que foi
boa, xa que intentei involucrarme en todas as partes da tarefa: na busca da
idea, nos obxectivos e contidos, etc. O único que no que non participei foi na
montaxe do paxaro, pero creo que cas instrucións do manual non é moi complexo.
O que teño que mellorar nun futuro creo que
podería ser facer unha posta en común ao final da actividade, xa que non sei se
as miñas compañeiras aprenderon algo ou pola conta, nada.
Avaliación global do grupo
de traballo, indicando que é e cómo se desenvolveron as tarefas e que tería que
mellorarse na coordinación a vindeira vez.
O noso traballo en grupo desenvolveuse da seguinte
maneira: nun primeiro momento reunímonos para saber qué cousas podíamos
explicar e decantámonos, primeiramente, por explicar as estacións, vimos que o
máis adecuado para explicalo era o paxaro. Nunha posta en común na aula, presentámoslle
a idea ó profesor Serrallé e dounos máis ideas para levar a cabo a nosa idea:
foi de gran axuda. Logo volvémonos reunir para buscar obxectivos e contidos (a
partir do currículo 330/2009) e as actividades que íamos facer co paxaro.
Chegamos á conclusión, coa axuda da profesora Lires, a que o mellor era que o
paxaro dera a volta ao mundo e fose visitando diferentes lugares, xa que dado a
migración dos paxaros, van viaxando dos lugares máis fríos aos lugares máis
cálidos. Pero á hora de escoller a viaxe do paxaro non nos baseamos niso, senon
que fixemos unha historia onde un rapaz axudaba ao paxaro dende pequeno e o
paxaro agradecíalle a súa axuda levándoo polo mundo, ensinándolle os lugares
máis coñecidos. Polo tanto, o seguinte paso era montar o paxaro coas pezas Lego
e programar o WeDo: tiñamos que telo probado antes xa que o paxaro non fai gran
cousa (non move as alas nin nada), de feito, na parte de programación só fomos
quen de que fixera un son ao mover, manualmente, as ás.
Que considera que aprendeu e
que pode aportar esta perspectiva de calificación á súa formación como futura
persoa docente.
Esta parte da materia pode ser moi útil para a
miña futura profesión xa que temos que deixar atrás os métodos tradicionais e
traballar con novas metodoloxías, e esta é unha delas dado que vivimos na era
das novas tecnoloxías. Con estes xoguetes tecnolóxicos podemos explicar moitas
cousas pero temos que facelo con moita máis planificación. Con gañas todo se
pode.
Que aspectos positivos e que
aspectos negativos ten observado na acción docente deste profesor? Que debería
mellorar na súa metodoloxía?
Os aspectos positivos do profesor Serrallé é que
nos axudou moito a desenvolver a nosa idea, aportou moita información na aula
virtual que nos serviu de moita axuda.Na parte negativa, o único que podo
resaltar é que na aula non probamos o paxaro e non tivemos en conta que o noso
paxaro non se movía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario