Autoavaliación
propia da participación no grupo, que considera que fixo ben e que tería que
mellorar cando volva a integrarse noutro grupo de traballo.
A miña participación no meu grupo de
traballo considero que foi boa. A pesar de que a miña relación coas tecnoloxías
non é de todo o boa que me gustaría, intentei involucrarme ó máis posible e
aportar ideas a cerca de como podíamos facer a actividade de Wedo, así como
tamén indaguei por internet para ver como programar o paxaro e facer que se
mova. Buscando vimos que non é posible facer que se mova pero si podemos gravar
o son que fai ó voar. Despois, fomos analizando as posibilidades que tiñamos
para facer a nosa actividade o máis activa e participativa posible, ademais de
que fose interesante para o noso alumnado.
O que penso que podería mellorar para
a próxima vez que teña que integrarme nun grupo é organizarme e, en xeral,
organizarnos mellor. É dicir, primeiro estruturar todas as ideas que se nos
ocorren, analizalas e ver as vantaxes e inconvenientes de cada unha, así como a
súa mellor aplicabilidade. Tamén penso que a participación pode ser maior e, o
máis importante, buscar recursos que nos axuden a facer a nosa presentación
máis amena é o máis achegada ás novas tecnoloxías.
Avaliación
global do grupo de traballo, indicando que e como se desenvolveron as tarefas
ben e que tería que mellorarse na coordinación a vindeira vez.
O primeiro que fixemos foi pensar en
que queríamos que aprendesen os nenos/as e, conforme a iso, buscamos o
animaliño de Wedo que resultase máis adecuado para iso. Despois, establecemos á
área a que pertencía esa actividade e, por último, aportamos cada unha ideas de
como podíamos elaborar a actividade dunha forma participativa e aproveitando
todos os recursos tecnolóxicos posibles.
Volvo a repetirme un pouco dicindo que
o poderíamos mellorar é a organización e tamén a organización do tempo xa que,
ó final, atrasámonos máis do que habíamos planeado. E, por último, tiñamos que
ter previsto que o paxaro non se movía.
Que considera
que aprendeu e que pode aportar esta perspectiva de cualificación a súa
formación como futura persoa docente.
Aprendín a montar un xoguete
interactivo, neste caso o paxaro de Wedo, así como tamén aprendín a programalo
no ordenador. Afiancei os meus coñecementos coa PDI e recordei como se
empregaba. Tamén entrei en contacto co mundo dos xoguetes tecnolóxicos e teño
consciencia a súa grandísima utilidade a nivel educativo, pois é algo que
resulta altamente atractivo para a pequena idade e iso é algo que debemos
aproveitar para facer da aprendizaxe algo lúdico. Considero que non hai que
deixar de lado os xoguetes tradicionais pero, debido a gran inmersión da sociedade
nas novas tecnoloxías, é necesario actualizarse e empregar tamén os xoguetes
tecnolóxicos xa que é unha renovación pedagóxica moi útil porque con ela creo
que aumenta a autonomía do alumando e que poida aprender por si mesmo, facendo
as súas propias cousas e construíndo a súa propia aprendizaxe.
Que estima que
aspectos positivos e que aspectos negativos ten observado na acción docente
deste profesor e que debería mellorar na súa metodoloxía.
Un dos aspectos positivos é que o
profesor aportou moitos documentos e información acerca das innovacións
pedagóxicas no mundo das tecnoloxías, tamén fomos poñendo en común as nosas
actividades aportando ideas ás outras compañeiras e viceversa, así como tamén
el aportou a súa perspectiva e as súas ideas e consellos guiándonos un pouco. O
aspecto negativo que vexo é que non empregamos o programa e Wedo de Lego, e ó
mellor, se o houbésemos empregado veríamos que o noso paxaro non se movía só.
Penso que para mellorar a metodoloxía
ó mellor o que se podería facer era, desde a primeira clase, explicar ben a
actividade e para ó próximo día xa ter ideas e comezar a montar o animal e,
seguidamente, programalo. Deste xeito, teríamos feita a actividade na aula e
sería moito máis doado para resolver dúbidas e para ter o traballo un pouco
máis guiado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario