AUTOAVALIACIÓN DE GREYS MEJÍA CRUZ

Autoavaliación propia da participación no grupo, que considero que fixen ben e que teño que mellorar cando volva a integrarme noutro traballo.

Persoalmente, estimo que a miña involucración no grupo de traballo foi satisfactoria e frutífera. A nivel individual manifestei moito interese xa que esta labor pareceume moi innovadora e novidosa porque descoñecía as posibilidades que aportan os legos.
O que considero que debo mellorar, é sobre todo, a miña formación con todo o relacionado coas novas tecnoloxías, os novos recursos, programas…etc. relacionados co ámbito educativo para estar á vangarda. Penso que todo isto na actualidade é fundamental.

Avaliación global do grupo de traballo, indicando que é e cómo se desenvolveron as tarefas e que tería que mellorarse na coordinación a vindeira vez.

A nivel grupo, o traballo foi moi bo. Realizamos todo de forma cooperativa, participando, opinando, aportando ideas…etc. O primeiro que fixemos foi reunirnos para decidir o que queriamos facer. Para isto, marcamos un obxectivo, sobre todo o que desexabamos era facer algo innovador, educativo e lúdico. Estivemos barallando varias opcións, ó final decantámonos polo paxaro porque todas as posibles actividades que se nos ocorrían desembocaban nel.
Por outra banda, penso que debemos mellorar nun aspecto que agora consideramos transcendental, xa que nos programamos, planificamos… as actividades dando por feito as posibilidades que ofrecía o paxaro, e ata o final non nos decatamos que non movía as ás (non realiza ningún movemento) e isto tiñámolo que ter comprobado.

Que considera que aprendeu e que pode aportar esta perspectiva de calificación á súa formación como futura persoa docente.

Máis que aprender, que tamén o fixen, aprendín a montar un xoguete interactivo, o paxaro de Wedo, a programalo no ordenador, aprendín a empregar a PDI e finalmente, tiven por primeira vez unha toma de contacto cos xoguetes tecnolóxicos, descubrín outras posibilidades para desenvolver a miña futura labor docente, incorporando as novas tecnoloxías na educación xa que para moitos aínda e só un recurso lúdico.

Que aspectos positivos e que aspectos negativos ten observado na acción docente deste profesor? Que debería mellorar na súa metodoloxía?

Considero que non podo valorar a labor do docente debido as poucas horas que tivemos de clases, non obstante, ese tempo tan escaso pareceume moi proveitoso, xa que puñamos en común as nosas ideas, os obxectivos…etc. todo o que cada pequeno grupo pretendía conseguir co seu traballo. Estas postas en común, particularmente, gustáronme moitísimo porque aínda que estabamos divididos en pequenos grupos era como se en realidade fose un traballo de todos.

Tamén foron moi proveitosos os artigos, enlaces…que facilitou o docente porque deste xeito íanos descubrindo outros temas relacionados coas materia. O único aspecto negativo que destaco, é que tiñamos que ter visto o programa wedo antes xa que por este motivo non sabiamos que o paxaro non se movía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario