OBXECTIVOS E CONTIDOS DA ACTIVIDADE




Taller dos puntos cardinais


Realizaremos un taller previamente para que los niños diferencien o Norte do Sur e Oeste de Este. Explicarémoslles que o Sol sae polo Este e se pon polo Oeste. Faremos unha práctica con eles que consistirá en poñer os brazos en cruz e o seu brazo dereito ten que sinalar o Este, por onde sae o sol. Polo tanto, fronte a eles terán o Norte, detrás o Sur e a súa esquerda terán Oeste.
  
Por último realizarán unha rosa dos ventos para afianzar os coñecementos dos puntos cardinais.



O PAXARO LIRO E A PROGRAMACIÓN WEDO



AUTOAVALIACIÓN DE LAURA SILVA SOAGE

Autoavaliación propia da participación no grupo, que considera que fixo ben e que tería que mellorar cando volva a integrarse noutro grupo de traballo.

A miña participación no meu grupo de traballo considero que foi boa. A pesar de que a miña relación coas tecnoloxías non é de todo o boa que me gustaría, intentei involucrarme ó máis posible e aportar ideas a cerca de como podíamos facer a actividade de Wedo, así como tamén indaguei por internet para ver como programar o paxaro e facer que se mova. Buscando vimos que non é posible facer que se mova pero si podemos gravar o son que fai ó voar. Despois, fomos analizando as posibilidades que tiñamos para facer a nosa actividade o máis activa e participativa posible, ademais de que fose interesante para o noso alumnado.
O que penso que podería mellorar para a próxima vez que teña que integrarme nun grupo é organizarme e, en xeral, organizarnos mellor. É dicir, primeiro estruturar todas as ideas que se nos ocorren, analizalas e ver as vantaxes e inconvenientes de cada unha, así como a súa mellor aplicabilidade. Tamén penso que a participación pode ser maior e, o máis importante, buscar recursos que nos axuden a facer a nosa presentación máis amena é o máis achegada ás novas tecnoloxías.

Avaliación global do grupo de traballo, indicando que e como se desenvolveron as tarefas ben e que tería que mellorarse na coordinación a vindeira vez.
O primeiro que fixemos foi pensar en que queríamos que aprendesen os nenos/as e, conforme a iso, buscamos o animaliño de Wedo que resultase máis adecuado para iso. Despois, establecemos á área a que pertencía esa actividade e, por último, aportamos cada unha ideas de como podíamos elaborar a actividade dunha forma participativa e aproveitando todos os recursos tecnolóxicos posibles.
Volvo a repetirme un pouco dicindo que o poderíamos mellorar é a organización e tamén a organización do tempo xa que, ó final, atrasámonos máis do que habíamos planeado. E, por último, tiñamos que ter previsto que o paxaro non se movía.


Que considera que aprendeu e que pode aportar esta perspectiva de cualificación a súa formación como futura persoa docente.

Aprendín a montar un xoguete interactivo, neste caso o paxaro de Wedo, así como tamén aprendín a programalo no ordenador. Afiancei os meus coñecementos coa PDI e recordei como se empregaba. Tamén entrei en contacto co mundo dos xoguetes tecnolóxicos e teño consciencia a súa grandísima utilidade a nivel educativo, pois é algo que resulta altamente atractivo para a pequena idade e iso é algo que debemos aproveitar para facer da aprendizaxe algo lúdico. Considero que non hai que deixar de lado os xoguetes tradicionais pero, debido a gran inmersión da sociedade nas novas tecnoloxías, é necesario actualizarse e empregar tamén os xoguetes tecnolóxicos xa que é unha renovación pedagóxica moi útil porque con ela creo que aumenta a autonomía do alumando e que poida aprender por si mesmo, facendo as súas propias cousas e construíndo a súa propia aprendizaxe.

Que estima que aspectos positivos e que aspectos negativos ten observado na acción docente deste profesor e que debería mellorar na súa metodoloxía.

Un dos aspectos positivos é que o profesor aportou moitos documentos e información acerca das innovacións pedagóxicas no mundo das tecnoloxías, tamén fomos poñendo en común as nosas actividades aportando ideas ás outras compañeiras e viceversa, así como tamén el aportou a súa perspectiva e as súas ideas e consellos guiándonos un pouco. O aspecto negativo que vexo é que non empregamos o programa e Wedo de Lego, e ó mellor, se o houbésemos empregado veríamos que o noso paxaro non se movía só.
Penso que para mellorar a metodoloxía ó mellor o que se podería facer era, desde a primeira clase, explicar ben a actividade e para ó próximo día xa ter ideas e comezar a montar o animal e, seguidamente, programalo. Deste xeito, teríamos feita a actividade na aula e sería moito máis doado para resolver dúbidas e para ter o traballo un pouco máis guiado.

AUTOAVALIACIÓN DE GREYS MEJÍA CRUZ

Autoavaliación propia da participación no grupo, que considero que fixen ben e que teño que mellorar cando volva a integrarme noutro traballo.

Persoalmente, estimo que a miña involucración no grupo de traballo foi satisfactoria e frutífera. A nivel individual manifestei moito interese xa que esta labor pareceume moi innovadora e novidosa porque descoñecía as posibilidades que aportan os legos.
O que considero que debo mellorar, é sobre todo, a miña formación con todo o relacionado coas novas tecnoloxías, os novos recursos, programas…etc. relacionados co ámbito educativo para estar á vangarda. Penso que todo isto na actualidade é fundamental.

Avaliación global do grupo de traballo, indicando que é e cómo se desenvolveron as tarefas e que tería que mellorarse na coordinación a vindeira vez.

A nivel grupo, o traballo foi moi bo. Realizamos todo de forma cooperativa, participando, opinando, aportando ideas…etc. O primeiro que fixemos foi reunirnos para decidir o que queriamos facer. Para isto, marcamos un obxectivo, sobre todo o que desexabamos era facer algo innovador, educativo e lúdico. Estivemos barallando varias opcións, ó final decantámonos polo paxaro porque todas as posibles actividades que se nos ocorrían desembocaban nel.
Por outra banda, penso que debemos mellorar nun aspecto que agora consideramos transcendental, xa que nos programamos, planificamos… as actividades dando por feito as posibilidades que ofrecía o paxaro, e ata o final non nos decatamos que non movía as ás (non realiza ningún movemento) e isto tiñámolo que ter comprobado.

Que considera que aprendeu e que pode aportar esta perspectiva de calificación á súa formación como futura persoa docente.

Máis que aprender, que tamén o fixen, aprendín a montar un xoguete interactivo, o paxaro de Wedo, a programalo no ordenador, aprendín a empregar a PDI e finalmente, tiven por primeira vez unha toma de contacto cos xoguetes tecnolóxicos, descubrín outras posibilidades para desenvolver a miña futura labor docente, incorporando as novas tecnoloxías na educación xa que para moitos aínda e só un recurso lúdico.

Que aspectos positivos e que aspectos negativos ten observado na acción docente deste profesor? Que debería mellorar na súa metodoloxía?

Considero que non podo valorar a labor do docente debido as poucas horas que tivemos de clases, non obstante, ese tempo tan escaso pareceume moi proveitoso, xa que puñamos en común as nosas ideas, os obxectivos…etc. todo o que cada pequeno grupo pretendía conseguir co seu traballo. Estas postas en común, particularmente, gustáronme moitísimo porque aínda que estabamos divididos en pequenos grupos era como se en realidade fose un traballo de todos.

Tamén foron moi proveitosos os artigos, enlaces…que facilitou o docente porque deste xeito íanos descubrindo outros temas relacionados coas materia. O único aspecto negativo que destaco, é que tiñamos que ter visto o programa wedo antes xa que por este motivo non sabiamos que o paxaro non se movía.

LIRO E BREIXO POLO MUNDO ADIANTE


A AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE

    A nosa avaliación consistirá na observación sistematizada e planificada durante curtos períodos de tempo, onde recolleremos mediante técnicas de avaliación (cuestionarios, rúbricas, ítems, etc.) o comportamento, actitude e interese mostrado polo alumnado no transcurso das actividades. Así mesmo, observarase a súa participación e implicación nas actividades.
   Empregaremos ítems como, por exemplo, se identifica as orientacións espaciais coa súa correspondente posición: norte (diante), sur (detrás), este (dereita), oeste (esquerda). Así mesmo tamén valoraremos se recoñece a existencia dos continentes e dalgúns países.